O pasado sábado 22 de decembro, a Sala Capitol de Compostela acolleu a presentación dos Discos da Máquina. Un novo proxecto creado entre tres bandas compostelás, -Ataque Escampe, DasKapital e a Magnifique Band-, co obxectivo de aunar esforzos na edición e distribución da súa música. Un concerto das tres formacións foi a estrea da nova discográfica e até aló se desprazou a unidade móbil de GZmúsica. Falamos con eles e gravamos algúns dos temas das súas actuacións. Bótalle unha ollada!

Entrevistamos o Leo, cantante de DasKapital:

Falamos con Daniel Salgado e Samuel Solleiro sobre o novo proxecto:

O propio Solleiro e Miguel Mosqueira cóntannos algunha cousa sobre o novo traballo das Ataque Escampe:

Paula Fernández estreouse como reporteira falando con algúns dos Homes sen Medo: