Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Pop/Indie/Cantautor Projecto Mourente

Buscar no Cartafol:

Projecto Mourente Featured

O Projecto Mourente é un "passa-tempo musical" coordinado por Carlos Valcárcel. O obxectivo é facer música na casa usando as tecnoloxías domésticas. O Projecto Mourente desenvolve as súas actividades entre Compostela e Pontevedra desde 2006. Malia non querer seguir ningún estilo musical concreto, “procura uma sensibilizaçom sobre a necessidade urgente de fazer pop electrónico em galego". Xa desde os comezos apostaron pola difusión na rede e así permitía descargar os temas do seu primeiro traballo, Baixo os eucaliptos, (A Regueifa Plataforma, 2006), desde a súa páxina.

A comezos de 2012 publicaron un sinxelo, Ao teu redor, adianto do que foi o seu último traballo, titulado A pior, que tamén saíu este ano. 



A pior (2012)

Carlos Valcárcel: músicas, letras, voz, coros, programações e teclados. Martin Wu: guitarras em "Afilia-te!", "Vou para pior" e "Feliz assim". Xocas: vocóder e coros em "Afilia-te!" Roi: Baixo em "Afilia-te!" Cristovo: teclados em "Afilia-te!" Álex López: guitarras em "Vou para pior", "Feliz assim" e "Por quê es tam falso?" Quincho Araujo: guitarras em "Ao teu redor", "A revolta dos cosmopailães" e "Lei e ordem". Andrés Boado: coros em "Quando vás a Portugal", "Feliz assim", "Lei e ordem" e "Alguém que me queira". Mar K John: voz em "Alguém que me queira". Yolanda valcárcel: coros em "Vou para pior" e "A revolta dos cosmopailães".
Gravado num apartamento da Almáciga (Compostela) entre 2010 e 2011. Misturado e masterizado por Tomás Ageitos nos estúdios d'A Ponte (Roxos, Compostela) entre dezembro de 2011 e março de 2012.

TemaEscoitar duración
01 AFILIA-TE

3:34 min
02 VOU PARA PIOR

4:21 min
03 AO TEU REDOR

3:06 min
04 A REVOLTA DOS COSMOPAILAES

3:08 min
05 QUANDO VÁS A PORTUGAL

4:11 min
06 FELIZ ASSI

4:24 min
07 LEI E ORDE

4:05 min
08 SE CAIO

3:24 min
09 POR QUÊ ES TAM FALSO

4:18 min
10 ALGUÉM QUE ME QUEIRA

3:59 min
e

Novas Relacionadas:
Images (3)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto