Concerto por un Sáhara Libre, este sábado en Silleda

Este vindeiro sábado 26, na Bandeira -concello de Silleda-, terá lugar o segundo concerto Por Un Sáhara Libre!, dentro do marco do II Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí. Presentado por Xurxo Souto, no concerto actuarán as Pandereteiras da Carballeira de Cercio, Linho do Cuco Ensemble e Leilía. As entradas custan 8€ adiantadas e 10€ na billeteira e a recadación irá para o Programa Vacacións en Paz.



Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza o II Concerto POR UN SÁHARA LIBRE!! que se vai celebrar o día 26 de abril no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira (Silleda) dentro da programación do II Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí , co obxectivo de poder difundir a xusta causa do pobo saharauí e poder recaudar fondos para o Programa Vacacións en Paz, co que buscan acadar o obxectivo de que máis de 300 nen@s dos Campamentos de Refuxiados Saharauís gocen dunhas vacacións en paz xunto con familias de acollida galegas.


No Auditorio Manuel Dopazo - Bandeira (Silleda) - 21.30h coa participación e colaboración:

Presentando XURXO SOUTO

Facendo música:

Pandereteiras da Carballeira de Cercio

Linho do Cuco Ensemble

Leilía

As entradas:

Adiantada 8 euros
Billeteira 10 euros


Os fondos recadados irán destinados ao programa VACACIÓNS EN PAZ polo cal nenos e nenas dos campamentos de refuxiados saharauís veñen pasar os meses de verán con familias galegas de acollida e que lles permite afastarse das altas temperaturas de ata 50º que sofren no verán nos campamentos de refuxiados así como tamén lles permite facer revisións médicas e coñecer unha cultura diferente á súa.

PUNTOS DE VENTA:

Silleda:
- Salón do Té
- A Lareira de Cuiña
- Cafetería Maripepa
- Café- Bar Pukará
- Café- Pub Moe's
- Serinter

A Bandeira:
- Café- Bar Arume

Lalín:
- Barriga Verde
- Café Cantigas
- O Circo do Mundo
- Viños e Tapas Suso Donramiro

Rodeiro
- Café- Pub Quirós

Vila de Cruces
- Café- Bar Galicia

Agolada
- Bar Central

Se non podes achegarte ata os puntos de venda envía un email a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Animamos a tod@s a participar por unha xusta causa. SÁHARA LIBRE!!!


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto