Vídeo resumo do IV Cantares no Miñor

O pasado 7 de marzo, o Auditorio Afundación de Vigo acolleu a cuarta edición do Cantares no Miñor. Celebrado por vez primeira fóra da bisbarra que lle dá nome, o festival contou coa participación de Cantares do Brión -coro organizador do evento- e de Toxos e Froles de Ferrol. Alí estreouse a nosa nova reporteira, Cova González, que nos trae un pequeno resumo en vídeo das actuacións destes dous coros tradicionais.

O pasado sábado, 7 de marzo, o Auditorio Afundación de Vigo acolleu o IV Encontro de Coros Tradicionais Cantares no Miñor. Esta iniciativa parte do máis novo dos coros tradicionais do país, Cantares do Brión. O coro, con integrantes de diversas partes do país mais radicado en Vincios, comezou a ensaiar en decembro de 2008 e fixo a súa estrea o 7 de marzo de 2010, no Centro Cultural da parroquia gundomarina que os viu nacer. O día que Cantares do Brión cumpría 5 anos saíu ao escenario do auditorio vigués e fíxoo ao carón do Coro Toxos e Froles de Ferrol. Como vén sendo norma desde que comezaron os Encontros, Cantares do Brión convida algún coro tradicional galego ao concerto. Así, no primeiro ano¬, no Auditorio Luís Tobío de Gondomar, estiveron Cantigas e Agarimos. O II Encontro, celebrado en Baiona, foi a Coral de Ruada e no terceiro, en Nigrán, estivo o Coro Aimil. Eis un petisquiño da actuación de Toxos e Froles e Cantares do Brión.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto