Tempo da Candeloria

Apenas quedan 4 días para que comece o Festival da Candeloria 2017. Desde o venres ás 20h, cos Falperrys erguendo o pano desta edición, até o sábado ás 4 da mañá, cando Inoperantes DJS collan o relevo de Ruxe Ruxe e armen a fin da festa, unha fin de semana intensa e con moita música en Lugo. Ah! E por riba, con bo tempo. Entérate de todo o que vai haber na Candeloria neste artigo.

Esta cuarta edición da Candeloria volve ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para nos ofrecer unha das mellores fins de semana festivaleiras do inverno. No apartado musical, con moito rock e algo de hip-hop este ano, repiten Soziedad Alkohólika e Aspencat da edición do 2016 e tamén Ruxe Ruxe e mais Arrhythmia do 2015. Por vez primeira estarán en Lugo Gatillazo, Dakidarría, Desakato, Falperrys, Talco ou Lendakaris Muertos e algunha das bandas que máis chamaron a atención nos festis o ano pasado, como Tremenda Jauría ou Ezetaerre. Tamén dúas bandas que temos moitas ganas de ver ao vivo, Rebeliom do Inframundo e DeLombaos. E para pór o ramo, o penúltimo concerto dxs Labregxs do Tempo dos Sputniks. A verdade é que A Candeloria soubo armar un cartaz potente e equilibrado e isto notouse no ritmo de venda de entradas adiantadas, que está a funcionar moi ben. De feito, onte -luns 13 de febreiro- puxéronse á venda on-line as últimas 150 entradas adiantadas. Desde a organización tranquilizan as persoas que van coller entrada para un só día na billeteira, pois reservaron un gran número para venda no festival. Especialmentep para o sábado, pois por motivos laborais e pola presenza de SA, Gatillazo, Dakidarría, Lendakaris ou Ruxe agardan maior afluencia ese día.

Horarios da Candeloria 2017

Ás catro da tarde do venres abre a zona de acampada e media hora máis tarde a Feira Candeloria. Ademais dos concertos, o sábado haberá tamén aberto de billarda e pasa-tabernas a cargo dos Veraneantes.

 


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto