V Festa Treze-Catorze

 Desde Salceda de Caselas, a Asociación Treze-Catorze achega unha proposta contra a crise... Festa de balde!

A Asociación Cultural presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebran o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre.

Velaquí o cartaz:

Vendetta

Terbutalina

Marxe Eskerda




VENDETTA (Nafarroa). Única data en Galiza do grupo formado polos ex compoñentes de Skalariak que veñen desde a Comunidade Foral a presentar o seu segundo disco “Puro Infierno”.


TERBUTALINA (Muros). A esperanza máis irreverente da música galega presentará o seu novo traballo “Broncodilatador” que, segundo eles, “proporsiona e jarante un alivio rápido dos síntomas tales como o apapahostiamento e o lambeconismo”.


MARXE ESKERDA (Redondela). Logo dun primeiro disco de título homónimo (2010) presentarán en Salceda o seu novo traballo de estudio que sairá a luz no verán. Son contundente e sen bandeiras.


Ademais, desde o vermú (12:00h.) haberá: pulpeiro, grupos de gaitas (Os Chikilicatorzes+Grupo de gaitas Carballeira), circo de rúa, graffiteiros, danza, actividades de apoio ao 15-M, xogos populares, a charanga SGHAE, chourizada popular, bingo musical e o grande concurso de Saltos de 13-14´s!!!!

Todo isto, carpa e acampada incluída, máis algunha sorpresa, o 12 de Maio de 2012 en Salceda de Caselas.

Velaquí unha posta de gastropunk dos Terbutalina en Catoira

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto