O Sonoro Maxín ao vivo no Auriense

Todas as entradas vendidas para o primeiro dos concertos que O Sonoro Maxín vai dar estes días en Ourense. Gzmúsica estivo aló e gravou este video.

Coidado que aínda queima!


E aquí tedes algunha fotiño dese concerto, onde O Sonoro volveu aos escenarios despois de case ano e medio sen tocar, aquelando o que foi a súa estrea discográfica despois de 5 anos de traxectoria. A banda ourensá volve en plena forma, como demostrou no concerto do venres 13 de abril. E como volveu demostrar nas dúas sesións que ofreceu sábado 14. Un primeiro pase ás 19:00h, -onde a entrada só estaba permitida na compaña dalgún nenx-, e outro as 23:00h. En total, máis de 500 persoas gozaron esta fin de semana da Onda Sonora...e a fin de semana que vén máis, cos concertos itinerantes polos barrios da cidade das Burgas.

 

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto