O Leo, ao vivo e en cru na Festa Folc de Vilariño

Cada vez é máis común que os festivais galegos programen algún tipo de actividade entre grupos e grupo. Ou ben montan dous escenarios, -como fixo por exemplo As Revenidas-, ou ben no propio escenario, -ás veces, até a pé de palco-, fan oco para actuacións sinxelas e irreverentes. Coma por exemplo, Arremecághona's produsións. É habitual ver o crecente número de Alter Egos do Leo de Matamá nas festas do país. E este ano estiveron entre outras na Festa Folc de Vilariño. Aquí vos deixamos os vídeos íntegros da súa intervención.

Até tres veces saíu a familia Arremecághona ao escenario de Vilariño. Primeiro, a nai

Despois, o En-Riquinho

E por último, o propio Leo

Tivo tempo tamén de colaborar cos Ruxe

Caricatura do Leo por Ruth Caramés para tintadelura.com

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto