Festa 1º Aniversario GZmúsica

Si, señoras, si. Había quen non daba un peso euro por nós, pero aquí vos estamos a piques de facer un ano na rede. Co programa de TV acabadiño de estrear e con centos de artigos, fotos e vídeos xa no lombo. E como supoñedes que ten que festexar unha web dedicada á música galega o seu primeiro aniversario?


Pois loxicamente cun concerto de música do país Wink. Será no Salason de Cangas, o vindeiro 13 de abril. Tocarán Zënzar e O Sonoro Maxín. Comezaremos puntualiños, ás 21:30h, para rematar contra a medianoite non vaia ser que tamén a poli local queira unirse á festa. E despois dos concertos, picada de música galega no Guerrilla Radio Bar de Suso Soak.

As entradas adiantadas, até o día 11 de abril, custarán 5 € e pódense mercar en Vigo e Cangas. Na vila do Morrazo, no Guerrilla Radio Bar, -a de Suso-, e na Libraría A Esmorga, -a de Fran-. E en Vigo, no Rústiko, na rúa Irmandinhos, -a de Anxo-. Probablemente engadamos algún outro punto de venda nos vindeiros días. Iso si, sempre tedes a opción de mercalas adiantadas on-line, enviando un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , alí vos explicaremos como mercar on-line. Estamos a traballar para que non nos leve un can banco ningún, vía mail vos contaremos como facelo. O prezo na porta será de 8€, pero tendo en conta o aforo do Salason, -arredor das 130 persoas-, é probable que se venda todo adiantado. O que avisa...

E por que cobramos? Pois porque montar un concerto custa diñeiro, -tampouco moito-, e porque non queremos que os grupos veñan tocar gratis, (aínda que se ofreceron a facelo e outras bandas tamén). O importe das entradas será para as bandas, despois de descontar os 150€ que aproximadamente nos custará organizar o evento, cartelaría, etc.

Pouco máis polo de agora, simplemente convidarvos á festa, con dúas das bandas galegas cun directo máis potente...iremos ampliando información nos vindeiros días.





Comentarios  

 
0 #1 Milton 15/04/2017 05:16
Hey there! Do you know if they make any plugins to
help with Search Engine Optimization? I'm trying to get my blog to rank for
some targeted keywords but I'm not seeing very good gains.
If you know of any please share. Thank you!

Feel free to surf to my website; приведу ссылку: http://geschenkefuermaenner.info/
Citar
 
 
0 #2 Huey 23/04/2017 13:42
I was looking at some of your blog posts on this website and I believe this internet
site is very informative! Retain putting up.

Here is my web site - Ссылка
на сайт: http://geschenkefuermaenner.info/
Citar
 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto