Antrospinos 2013: fotos e vídeos

A fin de semana do 26 e 27 de xullo, a parroquia de Taragoña, en Rianxo, acolleu unha nova edición do Festival AntrosPinos. A máis dura, segundo os organizadores e organizadoras, polo contexto social que se vivía eses días no país e por riba co engadido dunha segunda xornada pasada por auga. Porén, o FAP resistiu e resistirá, pois ha poder sempre máis o agarimo e a paixón dos que parten o lombo montando festivais na Galiza ca os atrancos que atopen no camiño. Desde aquí, todo o noso apoio e a nosa visión do FAP 2013: Fotos e vídeos de Lety GF.


A traxedia de Angrois caera sobre o país apenas unhas horas antes e todas e todos estabamos aínda en shock. Os anuncios de festivais que se suspendían, -nomeadamente todos os que contan entre os organizadores con organismos oficiais e/ou partidos políticos-, corrían pola rede e unha fin de semana que se presumía chea de música e troula remataba por se converter nuns días de loito e desconsolo. A xente do AntrosPinos víase na peor das coxunturas posibles. O corpo pedíalles suspender tamén o FAP, mais iso había significar a desaparición definitiva do festival. Creado e sustentado desde a autoxestión, -como a inmensa maioría dos festivais do país, agás contadas excepcións-, de non se celebrar non podería facer fronte aos pagamentos que ineludiblemente tiña que satisfacer. Así que o FAP si se celebrou. E até alí foi Lety GF, a nosa incansábel reporteira, para recoller en fotos e vídeos o acontecido nas dúas xornadas do AntrosPinos 2013. Aquí tedes os vídeos que gravou e algunha das súas fotos. As restantes podedes ollalas no noso Facebook.

O venres abriron o FAP Sacha na Horta, aquí vos quedan algúns momentos da súa actuación:

Tamén pasaron pola primeira xornada do AntrosPinos os italianos Figli di Mare Ignota:

Na tardiña do sábado, A Banda de Andrelo abría a segunda xornada do FAP:

Despois foi a quenda da Compañía do Ruído:

E fixo a aparición a chuva, que obrigou a La Troba Kung-Fú e Chotokoeu a tocaren na barra:

E as fotos dos dous días:


Picasa user or album is not correct


Fotos e vídeos: Lety GF

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto