Fotos do VibraBalboa 2013

A pasada fin de semana estivemos por terras estremeiras. Fomos até Valboa, na parte berciana dos Ancares, á segunda edición do Vibra Balboa. Fantástico lugar e festival marabilloso. Moitas actividades de balde ao longo do día, escenarios impresionantes (Molín de Agüita, Palloza de Chis, etc) e un ambiente perfecto para pasar unha fin de semana festivaleira.


Nós apenas puidemos gozar dos concertos do sábado, -as caras da xente delataban que os do venres foran duros-, mais aínda así pagaron a pena os 600 Km da viaxe O Morrazo-O Bierzo-O Morrazo. Aquí tedes as fotos que puidemos sacar. Nuns días, crónica polo miúdo e vídeos da Máquina de Meter Medo, Trópico de Grelos, Martelo e Güintervan. Permanezan atent@s!




Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto