Transilvanians e Machina, no Galegote Rock 2014

A pasada fin de semana, e cunha programación ampla e variada, celebrouse a edición deste ano, terceira, do Galegote Rock. Na sala Karma e en El Pequeño Karma houbo ocasión de ver bandas recoñecidas, novas formacións e DJs. Todo centrado ao 100% na música feita en galego. Lety GF estivo aló o venres e achéganos fotos e vídeos dos concertos que Transilvanians e Machina ofreceron ese día na Karma.

Con non moito público, o venres 25 de abril a sala Karma acolleu a segunda noite da terceiro edición do Galegote Rock. Abriron a sesión os Transilvanians, que se presentaron algo revoltos de compoñentes para a ocasión. Da formación orixinal estaban Little Cobra e Xabi Vieitez, mais achegáronse até Pontevedra sen o trombonista e con 2 saxos para esta ocasión. Por unha banda unha das últimas incorporacións da banda -xunto co baixista Néstor Meizoso-, isto é Pedro Fariñas e pola outra un outro saxofonista que tamén fora membro da banda cando se uniran a ela o cantante  Javier Marcos e o guitarra Javier Vicente, o Diego Alonso. Velaquí tedes fotos e vídeos da súa actuación.

Despois foi a quenda de Machina. Houbo quen temeu que o público que había marchase despois da actuación de Transilvanians, mais de alí non se moveu ninguén e até habia algunha persoa coreando os temas da banda de Cerceda. No vídeo podedes gozar cunha versión do arquicoñecido 'Xirarei' de Xil Ríos, unha das cancións máis "vellas" dos Machina, que se atopa no EP Acouga do 2007. Eis o vídeos e algunha foto.


Fotos e vídeos: Lety GF

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto