Camarada Nimoy, ao vivo nun concerto moi especial

Os Camarada Nimoy lanzaron un concurso pola rede hai uns días. Simplemente tiñas que lles contar para que empregarías unha nave espacial e entrabas no sorteo das 15 entradas dun concerto exclusivo, con petiscos e "nun lugar diferente, único e secreto". Un dos cámaras gzmusiqueiros probou sorte e conseguiu entrada. Velaquí tedes un temiña que gravou o Martín deste concerto peculiar.

As mensaxes anunciaban 2 camaradas tocando o baixo, a guitarra, o theremin e outros artefactos sonoros. Ademais, prometían proxeccións, ausentes dos últimos concertos de Camarada Nimoy, á luz do día.

A cita foi onte martes, ás 21:30h, e @s asistentes recibiron un mapa que os guiou até Pereiró, onde nun concerto organizado por Cinta Adhesiva nunha casa da zona, @s quince escollid@s gozaron dun gran concerto de Camarada Nimoy. A banda viguesa despregou todo o seu arsenal sonoro e visual que se fai máis sútil -e incisivo- nas distancias curtas que permitía o escenario escollido. Como se a toda a capacidade de transmitir emocións que teñen estoupase de vez fóra do decorado habitual e agardado para un concerto de rock.


Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto