Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco

Aproveitamos que esta pasada fin de semana presentouse no Felipop de Limodre Doutor Apertas, o disco homenaxe a Magín Blanco, para botármoslle unha ollada. Máis de 30 músicas e músicos do país participan na homenaxe ao músico de Valdeorras, que sufríu un accidente no verán de 2011 que lle impediu seguir a tocar a guitarra. Para alén da homenaxe e o afecto que estes músicos lle mostran ao Blanco, estamos diante dun traballo que nos presenta condensado en dous discos o mellor do pop galego contemporáneo.

A idea, desenvolvida mediante un proxecto de crowfounding, era a de mostrar o traballo deste músico pouco coñecido polo público en xeral, mais que ten afondado no pop, no folc e na música infantil nos seus traballos en solitario, catro nos últimos dez anos, despois de formar parte da banda pop ourensá La Rosa e dalgunha outra formación na Rúa, de onde é orixinario. Un traballo que nos permite de gozar co Xoel López a cantar na nosa lingua ou con Uxía, Guadi e Ugia a facelo en español, -exemplificando a diferenza entre bilingüismo e vil lingüismo-, e que garda alfaias en cada unha das súas numerosas reviravoltas.

Esta pasada fin de semaana presentouseno Felipop, Nós quedamos c'O Meu país, interpretada por Xabier Díaz e Guillerme Fernández, ou con Silvia Penide versionando Tus Cosas. E cos Magritte facendo súa La Canción de Otis Redding de La Rosa, claro. Poderiamos seguir, falando de Malvela, Roger de Flor,..., pero mellor escóitao ti e decide. Ah! E lembra que o podes mercar ou descargar por un prezo módico.



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto