Milesios presenta Alén Mar

Milesios presenta a súa estrea discográfica, Alén mar. A formación chairega mostra no seu traballo a música celta que veñen practicando desde a súa creación no 2009. A banda xa tocou en diversos festivais (Pardiñas, no Runas de Ortigueira, San Froilán,etc.) e locais do país, e tamén ten saído fóra, foi finalista no 30º Festival Internacional de la Sierra en Estremadura (España), malia contar con apenas 3 anos de vida.

Milesios son de Mondriz, en Castro de Rei. O grupo está composto por Paula Veiga (Violín), Xesús Vilariño (Gaita, Frautas), Manuel Mª Veiga (Baixo, Guitarra, Mandolina), Brais Freire (Gaita, Frautas), Manolo "o Moucheiro" (Guitarra, Mandolina), Breogán Pereira (Percusións). Practican un folc instrumental, -etiquedo por eles mesmos como música celta-, co que buscan tecer canles de ida e volta entre Irlanda e o noso país, velaí o propio nome do grupo, tirado do Leabhar Ghabhála Érenn. Non sabemos se estes novos Milesios tentarán de novo a conquista da illa verde desde as terras galegas, mais polo de agora conseguen fusionar con xeito as dúas tradicións musicais, na liña do mellor folc instrumental dos 80 e 90.



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto