Calmante vitaminado, a estrea de Tira do Peito

Desde a parroquia de András, no Salnés, chegan os Tira do Peito. Tres mozos que din facer Gastro Punk Porno Punk e que traen a receita para podermos soportar a situación en que vivimos. Calmante vitaminado, e vaino facer falla a mancheas, para asistir ao colapso do sistema. Punk sinxelo e rabioso nun traballo que moi logo ha estar dispoñíbel. Polo de agora, subiron á rede un petisco: o video pornopunk de Xan.


Aquí tedes unha mostra do que vai ser a estrea desta banda arousá. No seu myspace podedes escoitar outro tema.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto