Escoita 'Estamos aquí', o novo disco de Esquíos

Os Esquíos presentan o seu novo traballo, Estamos aquí. Despois dun ano 2013 terrible para a banda, -marcado polo falecemento de Miguel Ángel Castro, Moro- Esquíos volven cun traballo máis escuro, gravado ao vivo no estudio da Radio Galega. O novo disco contén 10 cancións, entre os que se atopa por vez primeira unha versión dun tema alleo, neste caso dos Dead Kennedys. Mais, o mellor é opinares ti. Pégalle unha escoita ao disco neste artigo e xa nos dirás...


Despois dun fatídico ano 2013 e da incorporación de tres novos compoñentes Esquíos volven co seu disco liricamente máis persoal e escuro, aínda que conservando picadas do habitual humor e ironía no que pode ser, para eles, o "noso rexistro discográfico máis rotundo".

O disco gravouse en directo no estudio da Radio Galega seguindo as premisas baixo as que se xestaron os grandes discos dos setenta, dun xeito artesanal e sen utilizar computadores, capturando toda a maxia e a forza da banda ao vivo en dez temas cunha duración media máis elevada do habitual e que alternan a preponderancia de velocidade, agresividade, groove ou melodía.

Cómpre destacarmos que por vez primeira inclúen nun disco unha versión dun tema alleo.  Escolleron para esta estrea unha adaptación ao galego do “Let’s lynch the landlord” de Dead Kennedys, traducida por eles coma “Linchar ao rendeiro”.

“Estamos aquí” é unha reafirmación de Esquíos como banda, como xeito de facer as cousas e como ideario vital que por suposto vai adicado a memoria de Miguel Angel Castro, Moro. 


{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto