O novo de Sub Rosa, xa dispoñible na rede

Sub Rosa vén de publicar unha preview do seu vindeiro disco Dietrich. Música electrónica que camiña polos lindeiros do xénero sen deixar de petiscar noutros estilos para presentar unha proposta ecléctica, chea de atmosferas creadas no contrapunto da electrónica e a percusión tocada e procesada ao vivo nos seus espectáculos. Dúas artistas electrónicas, un percusionista e un deseñador dan vida a un proxecto que busca os límites difusos da experimentación electrónica. Escoita o novo de Sub Rosa no interior do artigo

A banda, pertencente ao selo Discos da Máquina, ten traballo novo. Será o terceiro disco de Sub Rosa, unha formación que, como di a súa bio en Discos da Máquina, trata de fuxir da electrónica para rematar voltando a ela. A proposta de SUB ROSA atópase nos límites do xénero electrónico, e aposta polo eclecticismo e a mestura de xéneros tan dispares como a electrónica experimental (James Holden), o post-rock (Fuck Buttons, TSOWC) e a música electrónica de autor (Dan Deacon, Fever Ray). Cargados de instrumentos acústicos de pequena percusión tocados e procesados en vivo, xunto cunha batería interminábel de sintetizadores dixitais, caixas de ritmos e módulos de procesamento, SUB ROSA aposta por un directo cargado de experiencia sensorial, onde o espazo e os propios músicos están ocultos baixo o manto da vídeo-arte.

Pégalle unha escoita á preview de Dietrich!

{fcomments}



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto