Das Kapital pendura na Rede a súa derradeira gravación

Capa do disco Das KapitalDas Kapital decidiu pór punto e final a súa andaina. A banda despídese tras catro anos cun EP de 25 minutos sometido á asfixia do tempo en curso que radicaliza a súa aposta sonora. Así remata a traxectoria dun proxecto atípico, que acadou proxección alén das nosas fronteiras malia semellar estar destinado a ser unha proposta para minorías. Escoita este derradeiro traballo no interior do artigo.

Un EP de 25 minutos pon o ramo á existencia de Das Kapital. Cinco cancións sen título nun disco sen título, que comeza co recitado de artigos da Constitución Francesa de 1793 e remata cun aviso de incendio –“o Antigo Réxime toma o control”-, despiden os catro anos de traxectoria dunha banda
con base de operacións en Santiago de Compostela.

A gravación –a terceira despois de *Ruído negro* (2011) e *Grecia* (20013)- estará dispoñíbel no bandcamp do grupo –daskapital1.bandcamp.com-a partir da semana que vén. Nela, Das Kapital radicaliza a súa aposta sonora e por primeira vez emprega un complexo tecido percusivo analóxico procesado electronicamente. Cun ollo nas polirritmias ensaiadas por Einstürzende Neubauten ou Cut Hands e outro na asfixia dos tempos en curso, a banda procura alertar da posibilidade da derrota e emite un berro de
auxilio.
Nunha semanas haberá nas rúas unha pequena edición en cedé do derradeiro traballo de Das Kapital, que ofrecerá algúns concertos antes da súa disolución definitiva.
A formación de Das Kapital que gravou este derradeiro EP foi:

marcos paino; leo f. campos; tomas ageitos; david ageitos; dr. chou e daniel salgado

{fcomments}



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto