Os Ulträqänzinhos á conquista de Euskal Herria

Será en Altsasu, en Nafarroa, o vindeiro día 28 de abril. A veciñanza desta vila navarra terá a honra de presenciar a estrea deste novo combo. Un alien punkarra nacido no seo dos Ulträqäns. Os Ultraqänzinhos, grupo de BBB, bodas, banquetes e barricadas.


Para alén de símiles verghalludeiros, os Ulträqänzinhos son os Ulträqäns en versión reducida, sen o acordeón. Pero non tema, señora. O grupo máis can da música galega seguirá existindo na súa versión estendida, só que agora tamén contan cunha formación máis perralleira, -en palabras da propia banda-, para achegarse a todo tipo de festivais. Á espera de que os Ulträqänzinhos nos confirmen datas no país, deixámosvos un video da banda ao completo. A vida de can éche ben boa, pero a de Ulträqän aínda é mellor.


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto