Queres gravar cos Ulträqäns?

Os Ulträqäns proxectan xa o segundo ulträdisco. Na primavera de 2014 e con presentacións en todo o país, a nova criatura nada no laboratorio ulträqänido, -gravada en Estudios Amil na Coruña, mesturada n'A Ponte e deseñada por Javi Prieto-, promete remexer os alicerces do sistema planetario...e máis alá. Mais para que isto aconteza, Ulträqäns precisan da súa axuda. E botaron a andar un proxecto de micromecenado para acadar o finanzamento preciso. Entre as recompensas, levar o grupo a tocar ao teu ghalpón ou participar na gravación do traballo.


Logo de máis de dous anos do lanzamento do noso primeiro ulträéxito e despois de tronzar os cenarios de toda Galiza no Grelo Folc de Monfero, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Rebumbio de Mos, Lugnasad de Bretonha, Festigal de Compostela, Festa da Carballeira de Zas, Festa Folc de Vilariño, Festival da Chaira, Festas da Dorna, Antros Pinos de Taragoña, Magosto Celta de Balboa,As Revenidas de Vilaxoán, Terra e Língua de Artábria, Festival de Naraío, Festival da Poesía do Condado, Festival de Pardiñas, Terra Brava do Íncio… até chegar logo alén dos petoutos no Womad de Cáceres, no Festival Mendebala de Bizkaia, ou en Nafarroa, Gasteiz, Vallekas, Valladolid ou Segovia e incluso proclamarnos xustos e merecedores gañadores do festival Ibero Folk de Huesca neste 2013, os ulträqäns volvemos a petar con fúria zoupadora nas vosas portas para vos presentar o que será o último e definitivo ulträdisco do 2014, un traballo que sen dúbida será histórico e estará petado de octanos e etilocafeína!

+ INFO


{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto