'Destino Sur', o novo disco de Emilio Rúa facémolo (tamén) entre tod@s

Emilio Rúa ten en marcha un proxecto en Verkami para editar o seu quinto traballo, 'Destino Sur'. Cando faltan 3 semanas para que remate o proxecto de micromecenado, o cantautor ourensán xa acadou o 75% do diñeiro mais aínda precisa un empurrón para lle dar xeito ao novo disco.

Emilio Rúa leva a música no sangue. Procede dunha familia de músicos -de feito, debutou con 7 anos na orquestra Concorde Atenea, formada por membros da súa familia- e desde o 2000 encetou carreira en solitario que o ten levado a gravar até o de agora 4 discos. Para o seu novo disco, apostou por vez primeira polo micromecenado na plataforma Verkami.

En 'Destino Sur' gravaron os músicos Leandro Deltell (batería), Segundo Grandío (Baixo e programacións), Jose Gayoso (Dobro e mandolina), Álvaro Lamas (pedal Steel) e o propio Emilio Rúa (Guitarra acústica, mandolina, piano, armónica, voz e coros)

O disco inclúe temas inéditos en galego e versións tamén en galego de La chica de ayer (A moza de onte) e Somwhere over the rainbow (Nun lugar do arco da vella).

Para este seu quinto traballo, Rua contou coa colaboración de artistas, como a do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, o cantautor leonés Fabián ou a eurovisiva Lucía Pérez. Este novo traballo está marcado pola influencia da música folk, country, blues americana, que na opinión do cantautor teñen un claro vínculo ca música popular galega.

Eis o vídeo promocional do seu proxecto:



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto