De gravación cos Diplomáticos e Tingalaranga

Os Diplomáticos remataron hoxe en Vigo, -despois dunha tentativa fallida pola chuva-, a gravación do videoclip do seu novo tema, Deitado frente ao mar, onde musican o poema homónimo de Celso Emilio. A Coruña e Vigo foron escenario da gravación realizada por Tingalaranga. Até A Coruña foi Lety GF para ver o que se argallaba na gravación e nos trae fotos e making-of do vídeo.

O pasado 1 de maio pese a ser festivo por ser o "día d@ parad@" como vimos nunha pizarra dalgunha terraza, houbo quen tivo que choiar, así que aló fomos nos tamén cara á Coruña a facer aljo de bulto.

Pasamos todo o día dun lado para outro cos Diplomáticos de Monte Alto e os cámaras X. Bocixa Rei e Carlos Gende. O vídeo estase gravando dacabalo entre A Coruña e Vigo, a idea é presentaren neste videoclipe ambas as dúas cidades galegas como se fosen unha soa.

Segundo palabras do propio Xurxo Souto esta canción pretende ser unha apoloxía da lingua galega. A letra é do poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", que xa musicalizaron anteriormente Dios Ke Te Crew.

Máis agora é o turno para os Diplomaticos. Creo que teredes que esperar ata o Festival de Cans para poder desfrutar deste novo tema e vídeo, mentres tanto aí vos quedan unhas fotos, un vídeo e a letra do poema para que a vaides aprendendo.

Making-of do novo videoclip dos Diplomáticos

+FOTOS



DEITADO FRENTE AO MAR

"Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
de unha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i ara
do, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bós que sofren longo
unha historia contada en outra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña
estirpe,
Galicia, doce mág
oa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño..."

Fotos, texto e vídeo: Lety GF

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto