Novos temas e xira de Malandrómeda

Malandrómeda volve á carga. Hevi e Caldeirada anuncian novos temas para 2016 e unha xira que pasará por varias cidades e vilas do país. E non presentan un novo disco, senón dous, que publicarán simultaneamente o vindeiro 26 de febreiro. Farano no selo Matapadre, que engade os de Compostela a un catálogo que xa conta con traballos de bandas como Telephones Rouges, Disco Las Palmeras! ou Bala, que precisamente tocan por vez primeira en Inglaterra esta semana.

Os santiagueses Malandrómeda estrean discos en febreiro. Si, discos. 'Cada can que lamba o seu carallo' e 'Os corenta e oito nomes do inimigo', dous LP's que saen asemade e que son as dúas novas referencias do selo Matapadre. Neste selo tamén está o dúo Bala, que presentaron hai uns días novo videoclip  e anda de concerto por Inglaterra esta semana, na súa primeira saída fóra a tocar.

Volvendo a Malandrómeda, desde o 26 de febreiro poderase gozar dos novos temas da histórica formación de hip-hop da capital, tanto en formato físico como nas plataformas dixitais. Acompañando a saída dupla, Malandrómeda comeza unha xira que os ha levar por varios locais galegos e un, a Lata de Zinc, de Uviéu.

Eis as datas todas:

27.02    De bares por Santiago                   Santiago de Compostela

04.03     Asociación Cultural Xebra            Burela

05.03     Festival Primos Hermanos          Oviedo

18.03     Labranza                                            Bueu

19.03     El Pueblo                                            Ourense

02.04     Nave 1839                                         A Coruña

09.04     Liceo Mutante                                Pontevedra

16.04     Distrito 09                                          Vigo

{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto