Biribirlocke "tenta a sorte" cun crowfounding

A banda de Ames botou a andar un proxecto de micromecenado en Verkami o 2 de febreiro para publicar o se segundo disco, Tentando a sorte e en menos dunha semana xa levan conseguido un 30% do seu obxectivo económico. Aínda estás a tempo de os axudar e colaborar no proceso de elaboración deste traballo, do que xa coñecemos dous dos doce temas que conterá, dúas cancións que tiveron senllos videoclips o ano pasado.

Agora que Biribirlocke pon en marcha esta campaña de micromecenado en Verkami, anuncia ademais un novo videoclip que coñeceremos nunhas semanas e tamén confirma concerto de presentación se a campaña chega a bo porto. Será en Compostela e moi logo saberemos lugar e data.

Marchar foi o primeiro dos videoclips do novo disco

Neste segundo disco, o grupo vai continuar afondando e madurando o seu son, ese rock con ventos que tan boa sensación causou cando se deron a coñecer no 2014 co seu disco de estrea. 

E Perdinme no mar, o segundo

Aínda tes 35 días para facer a túa achega ao proxecto. Desde os 6€ -con descarga dixital- ou 10€ -copia física do disco- até os 1000€ se queres levar tocar a banda a calquera lugar de Galiza. Se tes a posibilidade, raña o peto e colabora coa música galega!



Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto