Familia Caamagno inicia tempada de concertos no país

A Pousada das Ánimas de Boiro o sábado 6 de maio e Aturuxo de Bueu o domingo 7 serán as dúas primeiras datas dos de Sigüeiro no país despois de xirar por distintos puntos da península. Tanto na súa visita a terras estranxeiras coma nesta volta á casa, Familia Caamagno segue a apresentar os temas do seu último disco editado, Para unha vez que saímos, publicado no 2016.

A Pousada das Ánimas de Boiro e o Aturuxo de Bueu, o 6 e o 7 de maio respectivamente, serán as salas nas que a Familia Caamagno iniciará o seu calendario de actuacións polo país deste 2017. Tras a mini xira por por León, Santander, Madrid, Salamanca e Oviedo coa que comezaron o ano 2017, os de Sigüeiro retoman os concertos por Galicia para continuar presentando o seu último traballo, Para unha vez que saímos, editado no 2016.

Para os dous concertos, o prezo das entradas será o mesmo, cunha entrada única a 7€, sen adiantadas.



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto