Concerto pola absolución de Emilio Cao

Hoxe, quinta feira 15 de marzo, ás 21:00h, a sala Malatesta de Compostela vai acoller o concerto a prol da absolución do Emilio Cao, un mozo do Carballiño que será xulgado o vindeiro 19 de marzo na capital de España, acusado de "agresión e atentado contra a autoridade" durante as Marchas da Dignidade do 2014. Ataque Escampe, Atrás Tigre, O Leo i arremecághona e mais Rebeliom do Inframundo porán a súa música e a súa solidariedade con este novo mozo galego para o que piden case 6 anos de prisión por uns feitos que nega con rotundidade.

Hai case 4 anos, o 22 de marzo de 2014, Emilio Cao escoitaba as palabras de Diego Cañamero en Madrid, nas Marchas da Dignidade, ao carón do resto das compañeiras da Columna Galega que participou xunto con outras xentes do Estado naquelas marchas. Como ten explicado en varias ocasións o mozo, co mitin aínda sen rematar, a policía española cargou e detivo 24 persoas, 3 delas galegas, e entre elas a Emilio Cao. Non fixo máis nada que ir a España a protestar e en troques apañou cos maltratos, agresións e abusos de autoridade que seguiron a aquela detención e todo culminou cunha petición de cárcere para un rapaz que se sente cabeza de turco da represión que, como vemos decote, vai avanzando na nosa sociedade. 

A vaga de solidariedade co Emilio Cao é inmensa, podes mostrar a túa asinando o Manifesto pola libre absolución de Emilio Cao e desde a música galega tamén se argallou un concerto de apoio. Será hoxe, na Malatesta con Ataque Escampe, Atrás Tigre, O Leo e Rebeliom.



Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto