Nova edición da Rede de Músicas Soltas

Volta a Rede de Músicas Soltas a Redondela, unha cita mensual coas mellores músicas populares contemporáneas galegas e peninsulares, nun programa regular para presentar os traballos de artistas en activo. A Rede pretende ser un escaparate para o público ver nun palco achegado e en acústico a presentación dos últimos discos de Eliseo Parra, Guadi Galego, Celina da Piedade, Alba María, Narf trio ou Alejandro Vargas. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón da vila dos viadutos. Trátase dun ciclo promovido polo concello de Redondela e organizado por aCentral Folque.

A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia por músicos galegos ou moradores deste país que para esta edición abre o seu ámbito xeográfico e combida a outros artistas da Península a tocar para o público local. Así temos os novos discos de Guadi Galego , Fran Pérez “Narf” a trio e Alba María, actuacións especiais coma a de Eliseo Parra (Madrid) e Celina da Piedade (Portugal), ou a improvisación de Alejandro Vargas (Cuba) sobre as miniaturas musicais de Eugenio Granell.

 A música popular contemporánea, traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir, sentir e movernos. A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de inverno e primavera, aires frescos e cálidos de tempada. A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, para músicas en pequeno formato ao redor da música popular e os seus universos.

 Os concertos son sempre o terceiro sábado de mes ás 21 h no Auditorio da Xunqueira de Redondela, de xaneiro a xuño.

 A venda de entradas realizarase na porta do Auditorio 30 min. antes de cada concerto a 4 €.



Evento
24/01/2015
21:00
Celina da Piedade na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
21/02/2015
21:00
Narf Trio na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
21/03/2015
21:00
Guadi Galego na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
18/04/2015
21:00
Alba María na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
23/05/2015
21:00
Alejandro Vargas na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
20/06/2015
21:00
Eliseo Parra na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto