Akatz no Aturuxo (09/04/16)

Akatz trouxéronnos ritmos xamaicanos desde Euskal Herria o pasado mes de abril. A banda de reggae vasca andou polo Clavicémbalo de Lugo e polo Aturuxo de Bueu. Non podiamos deixar pasar a ocasión de velos tan perto da casa, así que fomos ao concerto no Atu. Aquí vos queda crónica, con fotos e vídeo de Lety GF.

Case sen recuperar do festón que montaron os Caamagno no Salason, o día seguinte tocou visitar o Aturuxo de Bueu. E non só por parte da equipa gzmusiqueira, que desta volta fomos uns cantos, se non por moita xente máis. 

Porque o 9 de abril viñan desde Bilbo os Akatz. Banda que moitos non coñeciamos a pesar de levaren en activo dúas décadas, incluso case un cuarto de século desde que comezasen os seus primeiros ensaios. Outros pensaban que non coñecían, mais ao preguntar a señor "Jujle" resultaban ser coñecedores dos primeiros éxitos da banda.  Akatz veu cargada de ska para facernos bailar. Desta volta viñeron 8 rapaces para nos presentar o seu último traballo "Vuelta y vuelta".

Guitarra, baixo, batera, teclista, voz e sobre todo moito vento, todo isto para que nos metesemos nos ritmos xamaicanos. Un compañeiro comentoume que o embarcaran para ir a un concerto de ska, e esperaba o de sempre, o ska que estamos acostumados, ese que camiña entre o ska e o punk, pero non, desta camiñamos máis cara á orixe.

Outro compañeiro mais eu comentabamos o bo que nos semellaba o teclista, e eu aparte de bailar (no oco que quedaba entre fotos e video)  observaba o sorriso que o cantante non tiraba da boca, semellaba esparexer unha chea de ledicia, ou como o trombón non momento que non sopraba ou cantaba aproveitaba para que a súa voz fixese de charles, mentres outro compañeiro prestaba máis atención aos coros dos ventos.

Xa cara ao remate do concerto quixeron achegarse máis ao público, e convidárono a subir cantar. De comezo a xente non estaba moi animada a subir o escenario, preferían cantar desde o lado do público xa que as cancións que escollían eran ben coñecidas, máis todo o malo é que un dea o primeiro paso... despois deste primeiro seguiu o cantautor Samu Acaracán cun "Eva Maria se fue", -por certo o Samu sacou o pasado mes o novo traballo "Tinta femia" que tendes para libre descarga polo internete adiante-. E xa pra rematar Xenderal cun tema propio adaptado ao ritmo dos Akatz. Deste último colaborador hai quen dicía, pero como a pode liar tanto nun par de minutos? Pois non sei, para outra preguntarémosllo para tomarmos nota.

Picasa user or album is not correct

FOTOS, VÍDEO E CRÓNICA: Lety GF

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto