Aberto o prazo do Cantalingua 2018

O concurso musical do Correlingua bota a andar máis unha vez. Poden participar grupos ou solistas, que deberán mandar unha canción en formato MP3 antes do 1 de abril deste ano. O premio ha consistir en actuar dentro da programación do Correlingua 2018, na primeira quincena do mes de maio, actuacións que terán cadansúa achega económica de 600€ brutos para a banda. Toda a info e polo miúdo no artigo.

Para participar cada grupo ou solista deberá enviarlles aos organizadores (A Mesa, CIG-ensino e ASPG) unha canción orixinal en lingua galega en formato MP3 a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Valorarase especialmente que o tema sexa creado para a actividade e que se basee no lema desta edición do Correlingua: a lingua non para. Ademais do tema en formato MP3 deberase enviar unha pequena presentación da banda ou solista e unha fotografía, e indicar un enderezo electrónico e teléfono de contacto. O prazo para entregar as propostas remata o 1 de abril do 2018.

Segundo vaian chegando, os temas subiranse á web do Correlingua e tamén os publicitarán na súa páxina de facebook. O premio do Cantalingua consiste en actuar para un público escolar dentro da programación do Correlingua entre o 2 e o 16 de maio de 2018 en horario de mañá e de luns a venres. As actuacións repartiranse entre os tres primeiros clasificados de maneira equitativa e de acordo coa súa dispoñibilidade, cunha remuneración de 600 € brutos por actuación.  

No noso Drive podes descargar as Bases Completas do Cantalingua 2018.


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto