Comezou o 2019, vai frío, chove e non apetece saír do sofá, pero o mundo festivaleiro non se para e cada ano son máis os festivais que se celebran nos primeiros meses do ano. Aquí traémosvos os festivais que terán lugar nas próximas semanas, para que vós espreguicedes e saiades da casa, porque os festivais non son só para o verán.

alt

Festival encargado de abrir o ano festivaleiro. A banda de metal Treboada organiza a última fin de semana de xaneiro este festival de dous días. Por Cambados pasaran grupos como Nao, que presentaran o seu ultimo disco, “Ata que o lume se apague”, Lisdexia, Os John Deeres, TNT Band e os propios Treboada entre outros.

 Cando: 25 26 de Xaneiro de 2019

Onde: Salón de congresos Jose Peña de Cambados

+ info

 alt

Cando o 7 de febreiro de 2014 arrincaba un pequeno festival no Club Clavicémbalo, ninguén pensaba que chegaría a ser o festival referencia do inverno galego. 5 anos despois tras unha quinta edición marcada polas incidencias, a Candeloria volve cunha sexta edición, A Derradeira, un único día de festa para despedir como merece este festival.

Nesta derradeira edición volverán grupos galegos que pasaron polo festival como: Nao, Ruxe Ruxe, Arrhythmia, presentando novo traballo, Rebeliom do Inframundo e Dakidarria, no que será o primeiro concerto do Filosofía Incendiaria Tour dos do Val Miñor.

Cando: 16 de Febreiro de 2019

Onde: Pazo de congresos de Lugo

+ info

alt

Como cada sábado de entroido a asociación Taiña realiza este festival, con entrada de balde, e ao que podes asistir co teu disfrace. Aínda non temos o cartaz completo, pero xa temos confirmadas a participación de Tecor Societário e O Puto Coro do Exercito Froilanista, grupo que estrea cantante no festival. Na nosa web poderás consultar as novas bandas que se lle vaian sumando a este festival do Baixo Miño.

Cando: 2 de Marzo de 2019

Onde: Praza de Goián, Tomiño

+ info

alt

Outro ano mais Arzúa convértese na capital galega do queixo, xa son 44 edicións coa deste ano, e volve facelo cargada de música.

De momento temos confirmados para este ano aos Heredeiros da Crus para o sábado noite e a cantautora Ses, que pechara o festival o domingo pola tarde, agardamos que presentando xa o seu novo disco. Xunto a eles tamén está confirmada a actuación do cuarteto vigués Inerttes, como gañadores da 11ª edición do “Queixo Maquetón”. Serán os encargados de abrir o festival o sábado 9 a partir das 21:00 h. Para saber como queda o cartaz definitivo, non dubides en consultar a nosa axenda, pois iremos anovando conforme vaian saíndo novas confirmacións.

Cando: do 9 ao 10 de Marzo de 2019

Onde: Arzúa

+ info

 

Texto Isaac Pazos

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.