Sábado 8 de febreiro, Goián acollerá a décima edición do Festival Taíña. Sozios a la fuerza, -banda tributo a La Polla-, desde Muros, Dakidarría desde o Val Miñor e Sherpah desde Cataluña, serán os encargados de armar a festa a partir das 22:30h. E de balde. O Festival Taíña abre a temporada de festivais galegos de música do 2013.



A Asociación Xuvenil Taíña organiza o sábado 8 de febreiro, na praza de Goián, a décima edición do festival homónimo. Entrada gratuíta para unha noite na que haberá espazo para o ska-punk-rock de Dakidarría, a mestizaxe de Sherpah e o punk de Sozios a la fuerza, banda tributo a La Polla Records.

Dakidarría son un seguro para calquera festival. A banda do Val Miñor leva uns anos xa realizando un directo contundente, que arrastra atrás deles moito público. Os manresanos Sherpah veñen co seu terceiro traballo, Camino, que teñen apresentado xa en máis de 40 concertos. E Sozios a la fuerza han pechar a noite reinterpretando de volta os temas de La Polla Records, tan vixentes hoxe coma hai 30 anos.

O Festival Taíña vai ser o primeiro a se celebrar dos organizados polas asociacións pertencentes á Federación Galega de Festivais neste 2013. O xa clásico festival invernal do Baixo Miño abre unha temporada que rematará en decembro, despois de levar a música a comarcas de todo o país.




Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.