Últimos días para se apuntar ao concurso de grupos emerxentes que están a promover dende o Festival Revenidas no Facebook. Por se tedes unha banda e aínda non te enterárades, deixamos as bases do concurso. Xa hai un feixazo de bandas anotadas, así que xa sabedes, aquí tedes unha boa oportunidade, para darvos a coñecer pero... Ollo! o prazo remata sábado 16!!

Queres tocar no Revenidas? Esta é a túa oportunidade

Se es un grupo que está dando os seus primeiros pasos nesto da música, se estás desexando poder amosar o teu bo directo nun festival e se tés moitos seguidores nas redes sociais, quizáis che interese participar no Concurso de Grupos Emerxentes do Festival Revenidas.

Bordeline79 de Vilaxoán, que abriu o festival o ano pasado

As únicas condicións son:

-          Non ter publicado ningún disco

-          Ter un repertorio propio de 6 cancións de música en galego

-          E estar dispostos a someterse ao escrutinio popular

Que tedes que facer?

Enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. un link a un vídeo voso en Youtube ou Vimeo, unha fotografía do grupo, un pequena biografía e, se tedes, os links ás vosas redes sociais.

Prazos

A presentación de candidaturas rematará o 16 de xuño. Despois de que a organización reciba todo o material todos os participantes serán presentados no Facebook de Revenidas para que os seguidores do festival, voten e escollan o que ao seu favorito. Só se poderá votar unha vez, a través dunha aplicación especial para concursos en redes sociais. A votación rematará o 30 de xuño. Os tres grupos con máis votos pasarán a final, na que un xurado composto por Xoán Quintáns, membro da organización, Suso Piñeiro, xornalista de Sermos Galiza, e Xurxo Souto, integrante dos Diplomáticos de Monte Alto, elexirán o gañador. O anuncio será a primeira semana de xullo.

O grupo afortunado poderá tocar no festival co resto das bandas e daráselle un premio de 300 euros, ademais de entrar na promoción en medios do festival, igual ca o resto das bandas.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.