O Festival SonRías Baixas 2013 tomará Bueu esta fin de semana con máis de 20 horas de música. Na mañá de onte martes 30 de xullo, foi presentada esta XII edición, que encherá de troula a vila mariñeira con máis de 20 horas de música e 3 días de actividades. Dakidarría ou Foxy Freire pola banda galega e Los Enemigos ou The Toy Dolls entre os grupos de fóra, nun cartaz cheo de rock, punk e ska.


O Festival SonRías Baixas presentou hoxe na praia da Banda do Río, en Bueu, a súa XII edición, que esta fin de semana encherá de música e de festivaleiros a vila mariñeira. Serán máis de 20 horas de concertos e tres días de actividades para todos os públicos nos que, segundo recordou Jordi Lauren, pasarán polo Escenario Troula na Banda do Recinto da Estacada dez bandas de referencia na escena rock europea, española e galega.  

As actividades arrincarán o xoves día 1 ás 22h30 no Aturuxo coa Tr
oula Benvida, na que participarán os pontevedreses Qué desilusión! e Faber. O escenario principal, no Recinto da Estacada, abrirá as súas portas o venres día 2 ás 21h. Media hora máis tarde subiranse ao escenario as Agoraphobia, gañadoras do I Concurso SonRías Baixas para bandas emerxentes e que esta mesma semana acaban de facerse tamén co premio do concurso Vodafone Yu. Despois, será o momento de Los Enemigos, unha das bandas máis esperadas desta edición e grupo de referencia dende hai décadas a nivel estatal. Seguiranos Rulo y La Contrabanda, unha das bandas que maior repercusión están obtendo este verán e que, de feito, veñen de xuntar a máis de 15.000 persoas no seu último concerto, en Cantabria. Os italianos Talco foron a banda destacada do último Viña Rock e serán os encargados o caracter máis festivo e enerxético, antes de que os locais Dakidarría pechen a noite cun concerto moi especial co que celebrarán o seu décimo aniversario sobre os escenarios.

O sábado 3, a actividade comezará cedo, ás 11h da mañá, na Zona de Acampada, onde se ofrecerá un Café SonRías amenizado por Dani Dj. Ao mediodía, no recinto de concertos, a Experiencia SonRías continúa no Casa SonRías, un restaurante singular, no que os músicos cociñan en vivo e en directo para o público, que despois poderá degustar os manxares en formato tapa a prezos moi axustados (1,5 euros). “Unha degustación exclusiva e orixinal que pode ter continuación nos demais postos de gastronomía galega, con produtos como polbo e empanada, abertos durante os dous días do Festival”, afirmou Jordi Lauren.

“Xa que compromisos profesionais de última hora impedirán a Dema de Talco e Fon Román acompañarnos no Casa SonRías”, continuou Lauren, “o trío de cociñeiros queda finalmente integrado por Juankar, de Boikot, Enrique Otero, de Banda Crebinsky e Nicolás Pastoriza”. Tres personalidades creadoras moi distintas que cociñarán un abano de sabores diversos: Juankar, unas tostas de lacón con grelos, chachelos e queixo de tetilla; Otero, un arroz mariñeiro con vieiras e coquinas e o salmorejo de Pastoriza. O Casa SonRías estará aberto ao público xeral, para que todas as persoas que o desexen, poidan vivir esta experiencia única. E, pola tarde, no mesmo areal no que se presentou esta mañá o Festival, haberá unha festa praieira amenizada por DJ Hugo e I.D.M Dj.

O sábado pola noite, o Escenario Troula na Banda abrirá de novo ás 21h30, con outra das bandas gañadoras do Concurso SonRías Baixas: Vortex, Premio Son Radio Galega. Despois, despois de varios anos intentando cadrar as axendas, Boikot, banda emblema do rock social español subirase por fin ao escenario do SonRías. Tomarán o relevo The Toy Dolls, banda punk británica que marcou a toda unha xeración. E de seguido será o turno de Riot Propaganda, nova marca que une dous referentes musicais e políticos como os madrileños Habeas Corpus e os valencianos Os Chikos do Maíz, responsables da xira do ano no rock máis cañeiro da península. Pecha a noite outro proxecto local, Foxy Freire, proposta rockeira dun grupo de músicos de renome no mundo do jazz que serán sen dúbida unha das descubertas desta edición. Para deixar bo sabor de boca e animar a xente a gardar a data para o SonRías 2014, o dj de Bueu Cristian Domínguez animará a Troula Despedida.


Unha experiencia inesquecible

Outro dos organizadores do evento, Diego Fernández, recordou que “o SonRías é moito máis que un Festival” e que, neste sentido, “a organización intentará darlle ao público todos os recursos para vivir unha fin de semana inesquecible en Bueu”. “A xente que se desplace en coche poderá deixalo na zona de aparcadoiro gratuíto na Rúa Montero Ríos Nº15, nos aparcadoiros das Praias de Agrelo e Portomaior ou no Parking Masso, que ofrece, con motivo do Festival, un prezo moi especial: 0,60 €/h ou 6 €/día”, recordou Fernández. “
Por primeira vez e por petición popular”, continuou, “habilitaremos un espazo para que os festivaleros que nos visiten poidan aparcar as súas autocaravanas e furgos. Estará no perímetro do Pavillón Municipal de Bueu e habilitaranse as duchas e servizos do Pavillón para o seu uso por parte dos campistas”. “De feito”, puntualizou, “estes servizos e duchas estarán accesibles para todas as persoas que conten coa pulseira do Festival”.

No Sonrías Baixas a acampada é gratuíta, co bono do Festival, ata completar o aforo. A súa ampliación e mellora era un dos compromisos adquiridos pola organización para esta edición. E así, segundo afirmou Diego Fernández, “a zona de acampada de As Lagoas chegará este ano ata os 20.000 m2 e terá tamén máis servizos e duchas que en anos anteriores. Fixéronse as xestións para completala cunha zona de Glamping, pero finalmente terá que quedar para unha ocasión futura”. A zona de acampada abrirá as súas portas o venres a partir das 14h e terá que estar baleira o domingo á tardiña. Sen embargo, de xeito excepcional, permitirase que os festivaleiros/as que queiran ir á Troula Benvida poidan acampar o xoves 1. Para facelo, terán que achegarse á entrada de Rúa das Lagoas Nº1 o xoves de 20h a 22h30 coas súas entradas para o Festival.

“Outra mellora sustancial desta edición”, continuou Diego Fernández, “é o establecemento dunha zona de descarga rápida ao pé da zona de acampada, na rúa Alexandre Bóveda 29, para que os festivaleiros/as non teñan que cargar coas súas tendas dende as zonas de aparcamento”. Esta zona de descarga rápida estará habilitada o venres, de 14h a 21h, terá un tempo máximo de permanencia de 5 minutos e unha norma ineludible: en ningún momento podrá quedar o vehículo solo. Fóra desta zona de descarga, que deixará de funcionar o venres ás 21h, o acceso permanente á zona de acampada estará na Rúa das Lagoas Nº1.

“Todo isto”, concluiu Fernández, “é posible gracias á colaboración dos nosos patrocinadores e colaboradores, como a Fundación Emerxe Morrazo e o Concello de Bueu”. Andrés Lamosa, concelleiro de Cultura, Turismo, Xuventude e Innovación do Concello de Bueu, destacou a importancia que ten para a vila a celebración do Festival, “un evento de referencia non só no musical, senón tamén no establecemento dun turismo de calidade, cultural, no municipio, na comarca e ata na provincia”.

Finalmente, Jordi Lauren convidou a todo o público a achegarse esta fin de semana a Bueu para vivir unha experiencia inolvidable, a auténtica Experiencia SonRías, “unha fin de semana de ocio cultural e natural nun lugar privilexiado, que inclúe música, praia, gastronomía e todo o que un público cada vez máis esixente precisa para pasar dous días inesquecibles, que os satisfarán plenamente”.

As entradas están á venda, por 24 euros o abono dos dous días, coa acampada incluída, en Servinova, Ticketea, Ticketmaster, nas tendas do Rei Zentolo e nos seguintes establecementos: Aturuxo (Bueu), Zappa (Bueu), Magic (Bueu), A Bolera (Moaña), Guerrilla (Cangas), LP (Vigo), A Reixa (Santiago) e Auriense (Orense). A venda anticipada estará aberta ata o xoves ás 12h en Ticketea e en Ticketmaster e nos punto de venda físicos, ata que pechen. En Servinova, estará aberta ata o venres ás 13h. Tamén hai entradas para un só día, só na rede, por 17 euros máis gastos.



O PROGRAMA


Xoves 1 – Troula Benvida – No Aturuxo
22h30 Qué desilusión!
00h00 Faber

Venres 2 - Festival SonRías Baixas 2013 – No Escenario Troula na Banda (Só con entrada)
21h30 Agoraphobia
22h15 Los Enemigos
00h00 Rulo y La Contrbanda
01h45 Talco
03h15 Dakidarria

Sábado 3
Experiencia SonRías - Durante o día - (Acceso libre e gratuíto)
11h00 Na Zona de Acampada Café SonRías con Dani DJ
12h00 No recinto de concertos Casa SonRías
17h00 Na Praia SonRías DJ Hugo e I.D.M DJ

Festival SonRías Baixas 2013 – De noite - No Escenario Troula na Banda (Só con entrada)
21h30 Vortex
22h15 Boikot
00h00 The Toy Dolls
01h45 Riot Propaganda
03h15 Foxy Freire
04h45 Cristian Domínguez

Fotos: Diego Muñoz

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.