A cita será o vindeiro 5 de xullo en Vimianzo. Malia ter previsto anunciar todo o programa en conxunto na Gala-Casting do 31 de maio, desde a organización do Asalto ao castelo adiantan xa que o acordeonista vasco Kepa Junkera e a gaiteira coruñesa Susana Seivane farán vibrar o campo da festa, facendo que o folk galaico sexa de novo o xénero predominante desta cita que chega este ano á súa décimo novena edición.

Era un segredo difícil de agachar en Vimianzo. 2 dos nomes máis recoñecidos do panoramal folk estatal e europeo, serán as cabezas de cartaz da XIX edición do Asalto. A listaxe de grupos aínda non está completa, e a finais de mes a organización desvelará o nome dos outros grupos que tocarán en Vimianzo. Pro certo, S¡se non sabes como é o Asalto ao castelo, bótalle unha ollada a este vídeo da edición do ano pasado, para íreste facendo unha idea.

- Kepa Junkera.
Con 14 álbums, 8 singles e numerosas colaboracións con artistas de todo o mundo as súas costas, Kepa Junkera é un dos músicos máis internacionais do País Vasco.
Os seus traballos discográficos, improvisacións e fusións de estilos revolucionaron o mundo da música.
Agora vén a presentarnos o seu último traballo chamado Galiza. Sons de Galicia mesturados coa txalarpa, a trikitixa, irrintzis, pandeiretas vascas… un traballo espectacular en todos os sentidos.

- Susana Seivane.
Hoxe é unha das grandes estrelas galegas xurdidas do boom da música folk. Comezou a súa andaina da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros. Co paso dos anos, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia.
Presentaranos o seu último traballo, Os soños que volven: con melodías da súa infancia é a banda sonora da súa nenez.
O Asalto ao Castelo non é só un festival de música, polo que o resto de actividades e tamén, actuacións, que completan o día e noite de revolta irmandiña serán desvelados nas vindeiras semanas, o 31 de maio na Gala-Casting que se celebrará ás 20.30h no Auditorio de Vimianzo. Nela ademais buscaranse ás actrices e actores que interpretarán non só os papeis principais da representación do Asalto, senón tamén o resto de actuacións.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.