O Festival SonRías Baixas volverá encher Bueu de música e de festivaleiros con ganas de troula os días 4, 5 e 6 de agosto de 2016. A Asociación Troula na Banda anuncia nova edición do certame para a primeira fin de semana de agosto e afirma que xa está mantendo conversas con institucións públicas e privadas, para definir o orzamento e o proxecto.
O Festival SonRías Baixas 2014 tivo que ser cancelado por causa da choiva e a organización anunciou a comezos deste ano que agardaría ata 2016 para retomar o proxecto. As edicións anteriores conquistaran a máis 12.000 persoas e supuxeran para Bueu unha inxección económica de preto dun millón de euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca. A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, toda unha referencia do verán en Galiza e no resto do Estado.
FOTOS: Xabicas
{fcomments}