O festival Revenidas pon en marcha a terceira edición do seu Concurso de música emerxente. Até o 10 de maio, as bandas que teñan un repertorio en galego de cando menos 6 cancións, que non teñan ningún ou tan só un disco -ou maqueta- publicados e que non tocasen nunca en Revenidas poden inscribirse, enviando un par de temas e información do grupo, no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
De entre as bandas participantes, un xurado escollerá dous finalistas e outros dous han saír das votacións que se habilitarán nas redes sociais do Revenidas. As catro finalistas participarán nunha gala que se celebrará na sala Malatesta de Compostela o 28 de maio, onde será elixida a vencedora -que levará 600€ e a posibilidade de participar no Revenidas 2016- e onde se dará tamén un premio do público, consistente en 100 camisolas cun deseño personalizado Caramuxo-Rei Zentolo.
{fcomments}