O pasado mes de xullo presentouse a webserie Fame en Celanova, no Curso Audivisual que celebra a Universidade de Vigo hai 10 anos na vila ourensá. Agora reestreáronse na rede os 3 episodios, realizados por estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola Superior de Arte Dramática ESAD, que alén do estritamente cinematográfico contan cunha banda sonora en que aparecem Cats and Monkeys, Escuchando elefantes, Terbutalina e Salvation Army.
A viaxe de Eme e Uve interrómpese ao anoitecer por culpa do seu coche, polo que se ven forzadas a pasar a noite nunha casa rural. Alí pasarán unha noite de festa desenfreada. Alcol, sexo e rock'n'roll. Ata aí podemos contar...
Se queres coñecer máis cousas sobre este proxecto, podes visitar a súa páxina no Facebook.
{fcomments}