A pasada fin de semana en Bemposta, ademais de pasalo moi ben gravando vídeos perralleiros cos nosos festivaleiros, tamén tivemos tempo de facer algunha vídeo-entrevista. Coa axuda, coma sempre, de Borneira Audiovisual. Estivemos a falar con varios dos artistas que pasaron polo escenario grande do Reper. E como non queremos que a xente pense que estamos ensimesmados na música galega, comezamos esta xeira de entrevistas coa que lle fixemos a Kiril Dzajkovski. Vídeo no interior.

Kiril Dzajkovski é un músico macedonio de ampla traxectoria. Mistura os ritmos dos balcáns coa música electrónica e tamén é un recoñecido compositor de música para filmes. Aquí tedes a entrevista que lle fixemos a semana pasada, antes de facer bailar o público do Reperkusión o primeiro día de festival.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.