Os computadores volveron botar fume. O Centro de Operacións de Muíños e a Central de GZmúsica, -agochado nalgún lugar secreto do Morrazo-, volveron traballar até a madrugada durante varios días. Pero o resultado xa está aquí. Despois de gozarmos cos arriscados vídeos perralleiros dos Reporteir@s Festivaleir@s traemos para todas e todos vós as fotazas de Xabicas, as entrevistas que lles fixemos aos Papaqueixos, Diplomáticos e Rastreros antes de subiren ao escenario do Castañazo. Impresións previas e un petisco de cada un dos concertos que estas 3 bandas deron, -xunto a Liviao de Marrao e Cuchufellos-, a pasada fin de semana en Chantada. E todo en HD, of course. Pasen, vexan e gocen!

Comezamos co vídeo. E coma sempre, magnífico choio de Martín, Adrián e Xián. O primeiro, o que xa publicamos nas redes sociais onte: Entrevista e 3 temas dos Diplomáticos de Monte Alto no Castañazo 2012.

Aquí, as palabras que intercambiamos cos Rastreros de Chantada antes da súa re-volta aos escenarios. Poucas, todo hai que o dicir. Seica gardaban a raiba para o escenario e as expresións grandilocuentes para os medios chantadinos. Tamén un par de temas do extraordinario concerto que deron despois.

E para poñer o ramo, a tolemia colectiva que significa entrevistar Os Papaqueixos. O noso editor de vídeo de certo que vai soñar por unha temporada co remuíño de voces, co maremagnum de opinións simultáneas que chegan ao falar coa xente do Comité de Propaganda. Tamén, claro, un pequeno petisco do seu grande concerto.


E aquí tedes o magnífico traballo coa cámara de Xabicas. Fotos dos 5 grupos que pasaron polo escenario, da xente, do ambiente e de todo o fotografable que o Xabi atopou.

Fotos das entrevistas aos grupos:

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/castanhazo/entrevistas"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Fotos dos Liviao de Marrao:
{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/castanhazo/liviao"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Fotos dos Papaqueixos e do público:
{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/castanhazo/papaqueixos"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Fotos dos Diplomáticos e do público:
{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/castanhazo/diplos"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Fotos dos Rastreros:
{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/castanhazo/rastreros"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Fotos dos Cuchufellos:
{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/castanhazo/cuchufellos"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

E a despedida non pode ser doutro xeito...Até logho amighos, PARTIU!!


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.