Lydia Botana forma parte dos Labreg*s dos Tempos dos Sputniks, a Banda Fura Fura e ultimamente ten colaborado con outras moitas bandas nas súas actuacións ao vivo. Lydia falou con GZmúsica de como lle foi no 2012 e dos seus proxectos para este ano.
GZm – Neste 2012 estás a tocar a batería cos Labreg*s do Tempo dos Sputniks. Como é subir ao escenario co Leo e máis o García?
Lydia – É unha aventura emocionante!! Levaba uns anos facendo o mesmo directo...E cando me propuxeron tocar con eles, que os considero GRANDES persoas, amigos aos cales admiro pola súa traxectoria, as ideasm a súa actitude, a mensaxe que transmiten.... Pois foi un verdadeiro cambio radical co que viña facendo ate o momento e que necesitaba tamén! Ademáis dun cambio de instrumento, viña de tocar teclado/percusións a tocar batería/acordeón. Síntome orgullosa de subir con eles ao escenario!
GZm – Despois de pasares polos Skarallaos, este ano compaxinas os Labreg*s co traballo na túa estrea en solitario. Finalmente vai haber disco?
Lydia –Bueno, iso de “estrea”...non fun consciente de que deixar Skarallaos fose a miña estrea en solitario. Pero sí a xente o tomou como tal cando me convidaron á Universidade de Paul McCartney e tiven que grabar un par de temiñas cos seus videos..Como ía a contrareloxio (modo Sputnick!), grabei eu todo en parte por falta de tempo e por outra banda, foi cando comecei a pensar que “mellor soa que mal acompañada”. Pero por sorte, teño bos músicos coma colegas, boa xente que agora é o máis importante para min ante todo, e comezaron a chamarme para colaborar con eles, a ofrecerse a grabar comigo... De aí que decidira sacar un disco soa, por plasmar a música que me sae coas persoas coas que estou a gusto e admiro. Vai ser un disco grabado de a pouco, por partes, relaxadamente, non teño presa ningunha!
GZm – Polo que escoitamos en “Ken nos Keima” apuntas ao reggae e o “Parlare” cae cara á fusión, o teu proxecto vai por aí?
Lydia –é difícil etiquetarse a unha mesma, non me decanto por un só xénero musical. Mólame o reggae, o punk, o rock, cousas pop, a bossa-nova, o jungle, gypsi...o clásico! Non teño prexuízos, simplemente escribo letras sobre o que penso e do que me rodea..a música ven soa.
GZm – No que gravaches colaboran contigo o baixista de Che Sudaka e García Mc, pero despois ti cantas e tocas todos os instrumentos, non?
Lydia –Sí, teño a sorte de poder facelo. De primeiras fíxeno porque non tiña tempo e tamén viña un pouco “keimada” xa de grabar.. Pero a idea é esa, eu gravo as bases de pianos, guitarras, acordeóns, percusións e voces, logo mándolles o tema e eles/elas tocan/cantan por riba diso.
GZm – Tocas cos Labregos, preparas disco en solitario, colaboraches este ano cun feixe de bandas: a Fura Fura, Zënzar, Konflikto, O Leo i Arremecaghona, Dakidarría, Dios ke te crew, os Tres Trebóns,...E polo que sabemos, traballas como profesora. Como fas para compaxinar todo?
Lydia –Cando se difruta facendo as cousas, saen soas! Estou contentísima de pertencer a Banda Fura Fura, e é toda unha honra para min que me chamen para colaborar con toas estas bandas que este ano 2012 o fixeron. Sair o escenario con bandas honradas, con boa xente, que cren e actúan segunda a mensaxe que envían cos que comparto principios....é TOTAL! Compaxínoo ben xa que, dende hai anos, dou clase nas escolas de música e colexios, entre semán, para poder tocar nas findes.
GZm – Tanto bolo ten que dar para moito. Cóntanos por favor o mellor momento, -se queres, tamén o peor-, nun escenario neste 2012.
Lydia -Este ano 2012 foi , sen lugar a dúbidas, o meu mellor ano musical ate o momento Costaríame moitísimo escoller só un!!! Cantar en The Cavern en Liverpool foi un soño que xamais pensei realizar na miña vida... Tocar con Manu Chao e Joan Garriga nun barciño catalán para 30-40 persoas, foi máxico tamén.. Sentila forza do movemento bravú co Dipomático de Montea Alto Xurxo Souto tocando con La Pegatina no Son Rias Baixas... Ir tocando cos Gogol Bordello dende Barcelona a Madrid.. Pero o momento que non olvidarei deste ano, foi sobre un escenario pero eu non tocaba: Flea (baixista de Red Hot Chili Peppers) achegouse a Mike Einziguer (o guitarrista da miña banda favorita dende fai 12 anos, Incubus), e preguntoulle se quería tocar a primeira nota do tema “Under the brigde”, alí , ao meu carón, vin nos seus ollos a maxia que une aos músicos, un sentimento que non se ensina en ningunha escola: humildade.
GZm – E xa para rematar, estámoslle a facer a mesma pregunta a todas as persoas coas que falamos para este Anuario. Dinos cales foron para ti os 5 discos do ano na música do país.
Lydia - Zenzar, Dakidarria, Terbutalina, O Sonoro Maxín, Garcia MC,...
{fcomment}