Sábado 17 de marzo, a Casa Museo de Manuel María será o escenario dunha xornada inédita, onde os Diplomáticos nos convidan a cantar versos de Celso Emilio, Teresa Ramiro, Manuel Rivas e tamén, claro, Manuel María. Será ás 20h, en Outeiro de Rei e podes reservar billete por 5 euros.

O outro lado da música, a poesía, escribiu Luísa Villalta. Seguindo tal mandato Os Diplomáticos de Monte-Alto achegan melodía a algúns dos seus poetas máis queridos. Velaí un entorno ben fermoso para compartir tal escolma: Outeiro de Rei, Casa Museo de Manuel María. Espazo simbólico para cantármonos xuntas versos de Celso Emilio Ferreiro, Teresa Ramiro, Manuel Rivas, e, por suposto do propio Manuel María. Da súa palabra beberon a eito os Diplomáticos. Alén de mestre da literatura, Manuel María foi ilustre veciño de Monte Alto.


Agora o seu nome volve convocarnos, na súa casa natal, como anfitrión dunha xornada inédita, da música e da poesía galega. Atende ao mandato de Luísa Villalta, e achégate a Outeiro de Rei para cantar versos cos Diplomáticos de Monte-Alto. ( por suposto -cada quen é o que é- a sesión culminará, cargada de distorsión, cos clásicos todos deste conxunto bravú).

Se queres achegarte á Casa-Museo debes reservar a entrada (billete 5 euros), quer escribindo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., quer chamando ao 698177621.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.