Roberto sobrado presentará o seu novo disco este sábado 14 de abril no Dadó Dadá de Santiago de Compostela. Proletarios do rock'n'roll supón a volta de Sobrado a camiños máis roqueiros neste seu sexto disco de estudio. As entradas para o concerto xa están á venda, con prezo reducido para persoas no paro, xubiladas ou estudantes.

Curtido no Fonte Sequelo de Compostela, Roberto Sobrado madurou na Cavern de Liverpool, berce, entre outros, dos Beatles. Anos despois volveu a Galiza para darlle forma a unha banda que, dende entón, sempre o acompaña e fai medrar a súa música. Tras máis de vinte anos facendo cancións e despois de contar xa con cinco discos de estudio, agora presenta o seu útlimo traballo, Proletarios do rock 'n' roll. Roberto Sobrado grupo volve así ao minimalismo do rock de furgoneta e ensaios nos garaxes cun traballo máis roqueiro, máis social, e con estilo máis de cantautor da formación.

Proletarios do rock 'n' roll é un disco que contará con sete temas propios novos e, por primeira vez, cinco versións adaptadas e personalísimas onde se debulla todo o imaxinario persoal e colectivo desta banda con case 20 anos de historia. Cunha banda renovada na sección rítmica e onde o saxo e a voz cobran máis protagonismo ca nunca, a formación presentarase ante o seu público con Germán Da Ponte ao saxos, Roberto Sobrado ao telecaster e voz, Euxenio á batería e coros e Nuno Pico no baixo eléctrico e coros.

Concerto de presentación e entradas

O concerto de presentación do proxecto terá lugar este sábado 14 de abril ás 21h30 no Dadó Dadá de Santiago de Compostela. As entradas xerais terán un prezo de 5 € ou 10 € no caso de que se merque entrada máis disco. No caso de estudantes, parados e xubilados, a entrada custará 3 €, e 6 € cando se merque tamén o disco. Todos aqueles interesados e interesadas en asistir xa poden reservar a súa escribindo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..


       Vídeo de Paraugas de sombra ao vivo, gravado no Toural en 2017.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.