Con este disco a banda celebra o seu 10º aniversario e presenta a súa nova formación. E por se fora pouco xa se pode reservar un dos cen packs da edición limitada do disco en vinilo vermello, con serigrafía numerada e máis un parche. Así que se aínda non teñades a carta de agasallos escrita, este pode ser un bo comezo.

Death Awaits Us All”, así de contundente é o título do novo disco de Thee Blind Crows. Nel recóllense catorce cancións intensas e salvaxes que serven como celebración dos seus dez anos de traxectoria e que presentan a súa nova formación como “power trio”. O disco lanzarase o vindeiro 9 de xaneiro e xa se pode reservar, tanto en formato dixital como en formato físico, a través do Bandcamp da banda.


Gravado no Estudio A Ponte (Niño y Pistola, Chicharrón, Das Kapital...) e masterizado por Mike Mariconda (Guadalupe Plata, The Limboos, Los Chicos...), trátase dun disco sen colorantes nin conservantes, co son máis puro e potente dos Crows ata agora.

Conta cunha coidada edición en vinilo a cargo dos selos Folc Records, KOTJ e Ghost Highway Recordings. Para agradecer a toda a xente que os acompañou ao longo destes dez anos, prepararon un pack especial en edición limitada de cen unidades que inclúe o vinilo vermello, unha serigrafía numerada e mais un parche de tea. Este pack especial pódese reserva única e exclusivamente a través do Bandcamp de Thee Blind Crows.


Por se o 2019 aínda vos semella lonxe, os máis impacientes xa podedes degustar do sinxelo adianto, "Loco Chamanes",sendo tamén a canción que abre o LP. Contará cun videoclip a cargo de Producciones Mutantes que se estreará a comezos de 2019. A canción serve como presentación da nova formación como “powertrio” e do novo disco co que a banda celebra os seus dez anos de traxectoria.

E en febreiro Thee Blind Crows volverán levar a súa descarga visceral de Blues Punk aos escenarios para presentar a súa nova creación. Moi pronto desvelarán as primeiras datas da súa nova xira.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.