"Ilegal" é o nome do terceiro álbum dos Rebeliom do Inframundo, banda conformada por Nervo (voz), Frank (voz/produción), Malvares de Moscoso (voz), Movementss (produción) e o seu Ichi (dj).

Tras o seu traballo “Lume e Rebeliom” (2016), que os situou como un dos referentes do panorama rap galego, os do Condado dan un paso máis na súa particular visión do Hip Hop neste novo disco, onde a crítica social convive en harmonía con líricas máis íntimas.

alt

En “Ilegal” escoitamos ritmos actuais e, por primeira vez na súa discografía, a incorporación dunha colaboración que chega da man das valencianas Mafalda, aportando novas cores a un grupo que camiña cara á súa consolidación na escena musical estatal con este novo LP 100% autoeditado en galego.

No mes de marzo, arrincan unha xira por salas que os levará a Madrid, Toledo ou Barcelona e tamén por primeira vez incluirán varias datas internacionais na súa xira por Portugal; onde actuarán nas cidades de Braga e do Porto, antes do comezo da tempada de verán.

alt

As primeiras datas na Galiza serán o 16 de marzo en Vigo, na Sala Masterclub, xunto a ”MP Crew” (Catalunya) e o dúo vigués conformado por “Frank Huxley & 2PAS0S”, e o 12 de abril en Santiago de Compostela, na Sala Malatesta, xunto á galega High Paw. Estes son os sitios onde podedes mercar as entradas anticipadas a 8€ para os cpncertos na Galiza. Para Vigo en Discos elepé, Bar Princesa e Entradium.com e para Compostela en Reixa Tenda e Entradium.com.

O 27 de febreiro lanzarase o novo traballo en tódalas plataformas dixitais. Mais mentres tanto podedes ir gozando do rap con estes vídeos.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.