Hoxe luns 16 de xullo, dentro do programa ‘CdC em aberto’ na terraza das Crechas, en Santiago de Compostela, actuará o dúo procedente da Escola Livre da MPG (ligada á Central Folque) formado por Xabier Blanco (acordeón diatónico, melodeón e mandolina) e Alexandre Cadarso "Cano" (gaita, frauta e acordeón cromático de botón).

O dúo Verdegaio nace no ano 2005 co ánimo de gozar facendo música tradicional e compartila en bailes, festivais e foliadas. Ao longo destes anos viaxaron co seu repertorio a Irlanda, Francia, Portugal e Estados Unidos onde participaron en diferentes festivais, impartiron cursos de música tradicional galega para gaita, mandolina e acordeón e aprenderon novas pezas que incluiron no seu repertorio. O pasado ano sacaron o seu primeiro traballo discográfico titulado "Repenicoque na Pedra" que recolle unha selección de temas tradicionais galegos que homenaxean aos que no pasado contribuíron a enriquecer o patrimonio musical de Galicia.

O concerto, como todos os da programación ‘CdC em aberto’, terá lugar de 20 horas a 21.30 en tres pases de 20 minutos e é gratuíto. Esta semana, a programación 'CdC em aberto' segue coa actuación dos irlandeses Fling mañá martes e os galegos The Dixieland Syndicate, corta feira.

 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.