Koji Koji Moheji, nome artístico de Yuki Kojima, é un músico que probabelmente pase á historia como o primeiro gaiteiro xaponés. A semana pasada foi noticia, pois vén de estar no país, concretamente no obradoiro de gaitas Gil en Ponteareas para recoller a encarga que fixera hai un ano por e-mail desde o Xapón: unha gaita cuspidiña á de X.M. Budiño e Carlos Núñez. Vídeo de Moheji tocando a gaita na voda duns amigos no Xapón no artigo.


O blogue Malmequer dá conta da visita de Yuki Kojima ao obradoiro do Condado, como tamén fixo a Radio Galega. O proceso foi longo, -non sabía Kojima da parsimonia que require ás veces o trato cun artesán-, mais xa ten nas mans o instrumento, das mesmas características dos empregados polos recoñecidos gaiteiros galegos Budiño e Núñez. Na súa canle de youtube podedes ver varias das actuacións de rúa que Kojima realizou este verán por Europa, -facendo unha performance con gaita e diábolo-, e algún outro vídeo interesante, como o que vos deixamos aquí, botándolle dúas muiñeiras na voda dun amigo hai un par de anos. E moito ollo como toca Kojima, despois de tan só 3 ou 4 anos tocando a gaita galega . 


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.