Vía a Asociación Músicos ao Vivo enterámonos de que comeza a 3ª edición do GPS. O Instituto de Artes Escénicas y de la Música, INAEM, estatal vén de abrir o prazo para a terceira edición do circuíto de músicas populares Xirando por salas, -GPS, nas súas siglas en español-, que tenta promocionar as músicas actuais. Até 56 bandas estatais, -cun mínimo dun disco editado e un máximo de tres-, serán escollidas para tocar, tanto no seu lugar de orixe como noutras zonas do estado. 200 salas acollerán os case 300 concertos, -5 por grupo-, que buscan afortalar os circuítos de música ao vivo estatais e darlle un pulo á carreira de bandas que medran afastadas do mainstream e a radio fórmula.


Quempallou, Narf+Manecas Costa ou Talabarte son mostras da música do país que participou nalgunha das anteriores edicións do GPS, chegando a estar entre os grupos seleccionados. E non é doado. O ano pasado, 60 formacións foron seleccionadas entre máis de 1.500 candidatas. A escolla faise por un xurado composto por membros das asociacións que apoian o INAEM na organización deste circuíto pero tamén o público pode participar votando polos seus grupos favoritos na web do circuíto. As 20 bandas que reciban máis votos do público terán un voto extra nas deliberacións do xurado. O INAEM busca deste xeito implicar o público xa desde o comezo do proceso, e non facelo só mero espectador das bandas escollidas. Porén, son precisamente os grupos os máis interesados nesta convocatoria, pois o premio é suculento: Caché fixo por músico + desprazamento + 50% da recadación dos bolos + 2700 euros de axuda á carreira da banda. Un bo caramelo que fará que moitos grupos se presenten de novo a probar sorte no GPS. 


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.