A través de quepasanacosta.com enterámonos dunha iniciativa conxunta de Luar na Lubre e a Asociación Monte Pindo Parque Natural. O grupo folk coruñés doará o 5% do recadado no concerto que vai dar o vindeiro 14 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo á asociación que pula pola conservación do Monte Pindo. Non é a primeira vez que a banda de Bieito Romero fai de altofalante das reivindicacións deste colectivo que teima en loitar pola consecución dunha figura de protección para o privilexiado contorno da Moa. De feito no seu penúltimo disco, Solsticio, teñen un tema dedicado ao monte e na presentación da nova voz da formación, Paula Rey, o pasado 7 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, o propio Romero falou a prol da clasificación do Pindo como parque natural, como tamén informou no seu momento a web de referencia na costa da Morte.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.