O músico vasco Fermín Muguruza e as integrantes de Zuloak hanse desprazar esta fin de semana até Ourense para presentar o documental que o irundarra gravou sobre a formación da banda e as súas primeiras actuacións. De paso, a fita serve para lle botar unha ollada á escena underground euskaldún. O filme proxectarase a sexta feira e sábado terá lugar o concerto de Zuloak e de Asthmatic Lyon Sound System.



O Auditorio Municipal de Ourense acolle o venres, día 26 de outubro, a estrea de Zuloak, un documental dirixido polo músico e cineasta vasco Fermín Muguruza que conta a historia deste grupo musical. A proxección está prevista para as 19.30 horas e, ao seu remate, haberá un coloquio co director e as compoñentes da banda.

 

Con motivo da estrea do documental, o grupo Zuloak ofrecerá un concerto na Sala Berlín de Ourense o sábado, día 27 de outubro, ás 22.00 horas. O prezo da entrada para ver o lme serán 4€ e para asistir ao concerto 10€. Tamén haberá un bono para ambos que custará 12€. A estes prezos haberá que engadirlle nalgúns casos os gastos de xestión nos puntos de venda, que serán os seguintes: Peggy Records e O Moucho en Ourense, Discos Portobello en A Coruña, Tendas Tipo en Vigo, e A Reixa tenda en Compostela.

 

Zuloak é un grupo de música formado exclusivamente por rapazas e liderado pola artista Arrate Rodríguez. O filme é un documental de ficción ou falso documental sobre a historia da banda que narra a súa xestación, as súas primeiras actuacións e a relación entre as integrantes, á vez que se mergulla na escena actual underground vasca.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.